UUAA

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o novo conselleiro de Emprego, José González (Foto: Xunta da Galiza).
TRABALLO

Os sindicatos piden ao novo Executivo galego medidas para mellorar o mercado laboral

As organizacións do agro solicitan ao Goberno de Alfonso Rueda traballar para conseguir "prezos xustos".
Unha persoa observa as vacas na Feira en Defensa do Gando de Montaña de 2023, no municipio de Cervantes, comarca de Ancares (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

Fruga e Sindicato Labrego cualifican de "parches" as medidas do Ministerio para o agro mentres que UUAA cre que son "positivas"

As 43 medidas que presentou o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a semana pasada para frear o malestar no agro non contentan a todos os sindicatos. As críticas céntranse na "falta de concreción" e en que se "deixan de lado" problemas que preocupan ao agro galego. 
Celbi é unha fábrica de fibras de celulosa a partir de eucalipto pertencente a Altri e que se sitúa na localidade de Figueira de Foz, en Portugal (Foto: Altri).
ECONOMÍA

Increméntanse as voces críticas contra Altri: a CIG e Unións Agrarias tamén anuncian alegacións

A CIG explicou esta terza feira que, alén das consecuencias ambientais e de que non feche o ciclo produtivo na Galiza, o proxecto que Altri quere desenvolver na Ulloa reduce a proporción entre a produción total e o emprego directo con respecto á súa factoría en Portugal. Pola súa parte, CCOO admitiu diverxencias sobre a pasteira.
EuropaPress_5861192_pancarta_contra_altri_puente_sonbre_rio_ulla_paso_monterroso_lugo
SOCIAL

Unións Agrarias rexeita o proxecto de Altri: "Non é o que nos presentaron"

"Non saímos dicindo 'non' aos eólicos de maneira xenérica, porque nos parece unha barbaridade; non dicimos que non se poden plantar eucaliptos e non dixemos de inicio 'non' a Altri porque no proxecto que nos presentaron había partes atractivas, pero tal e como está hoxe non podemos apoialo", sinala a organización agraria.
Vacas dunha gandería de lácteo na parroquia de Sabadelle, en Chantada (comarca homónima), o pasado mes de agosto (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

Os novos contratos de recollida do leite rebaixan o prezo até 5 céntimos por litro: "Todas as empresas xogan á baixa"

Coa chegada do mes de abril tamén chegou o momento de renovar a maior parte dos contratos de recollida de leite nas explotacións galegas. A confirmacións duns prezos inferiores aos que tiñan, que oscilan entre 2 e 5 céntimos menos por litro, provoca queixas no sector.
Parcelas de cultivo de cereal na Limia anegadas polas choivas. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

Unións Agrarias prevé unha "ínfima colleita" do cereal polas choivas na Limia e urxe a Xunta a actuar

Ademais da pataca, UUAA considera o cereal un "piar fundamental" para a actividade agraria da comarca.
Vacas en Montederramo, na comarca de Terra de Caldelas (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
star
ECONOMÍA

A suba de até un 15% nas tarifas por baleirado sanitario alporiza as granxas: asegurar 40 vacas podería custar 7.000 euros

Medra o malestar nas explotacións agrarias polo incremento de baleirado sanitario por parte da Xunta da Galiza e o aumento dos custos que estas actuacións representan para a súa continuidade. Esta semana está previsto o sacrificio de 50 animais nunha granxa de Manzaneda.
Gandeiros durante a terceira edición da Feira en Defensa do Gando de Montaña, en Cervantes (Os Ancares), decorrida en maio de 2023 (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

O futuro da gandaría galega, "nas mans" do relevo xeracional

As explotación gandeiras do rural galego, sexan de carne ou leite, teñen problemas de relevo xeracional. Os sindicatos agrarios coinciden en demandar unha mellora de servizos e a necesidade de ter prezos xustos para que poidan vivir do seu traballo.
José Ramón González e Félix Porto, representantes de UUAA (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Un novo caso de cártel? Unións Agrarias denuncia un pacto de prezos entre industrias cárnicas

O 'cártel' das industrias cárnicas tería provocado perdas de até 16 millóns de euros ás explotacións galegas.
Protesta de agricultores e gandeiros fronte á sede do Ministerio de Agricultura, en Madrid, esta segunda feira. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Centos de agricultores e gandeiros galegos mobilízanse en Madrid en defensa do agro

A protesta convocouse a nivel estatal con motivo da importante reunión do Consello de Ministros de Agricultura da UE en Bruxelas sobre o futuro da PAC e a posibilidade de 'relaxar' os requisitos ambientais.
O presidente de Unións Agrarias, Roberto García, atendeu os medios antes de declarar na Audiencia Nacional o 22 de xuño de 2023 (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press).
ECONOMÍA

A coordinación do cártel do leite quedou probada a través de anotacións e correos

'Nós Diario' tivo acceso a unha das sentenzas da Audiencia Nacional.
Dúas mulleres traballan muxindo as vacas nunha explotación leiteira de Friol, na comarca  de Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

A industria manipulou os prezos do leite: as organizacións agrarias preparan o proceso para reclamar as perdas

Nove sentenzas da Audiencia Nacional veñen de corroborar que, entre 2000 e 2013, varias industrias leiteiras argallaron un cártel para controlar os prezos que lles pagaban polo leite ás explotacións. Agora, as organizacións agrarias prepáranse para reclamar as perdas.
Vacas nunha gandaría de lácteo na parroquia de Piñeiro, en Xermade (comarca da Terra Chá). (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Xustiza

A Audiencia Nacional confirma a existencia dun cártel lácteo

A Audiencia Nacional considera acreditada a "existencia de intercambios de información sobre prezos e outras condicións comerciais" entre empresas competidoras do sector. O Tribunal ratifica multas por valor de 28 millóns.
Gandeiras e gandeiros dirixíndose onte ao Edificio administrativo da Xunta da Galiza, en Compostela, cos seus tractores (Foto: Arxina).
star
ECONOMÍA

Volven as tractoradas en demanda de solucións ante a nova PAC

As mobilizacións do agro galego chegaron onte a varias cidades e vilas do país convocadas polo Sindicato Labrego Galego (SLG), a Asociación Agraria da Galiza (Asaga) e Unións Agrarias (UUAA). Reivindican menos burocracia e adaptar as obrigas da Política Agraria Común.
Explotación gandeira galega (Foto: Europa Press)
star
ECONOMÍA

A burocratización alimenta o descontento do sector agrario galego: "Xerará gastos inasumíbeis"

As organizacións agrarias galegas convocaron para hoxe varias mobilizacións e tractoradas por todo o país. Entre as principais reivindicacións figura a eliminación do que consideran "excesiva burocratización" e a adaptación das normas da nova PAC á realidade do campo galego.
Os prezos finais en destino aumentan en todos os produtos, desde as verduras e hortalizas até a carne (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
ECONOMÍA

O control da cadea alimentaria, fundamental para sindicatos e organizacións do agro e do mar

A elevada diferenza de prezo dos produtos do sector do agro e do mar desde que se entregan -procedentes das explotacións ou das lonxas- até que chegan aos fogares castiga ambos os extremos da cadea alimentaria. Organizacións agrarias e confrarías propoñen solucións que equilibren esta situación.
Representantes agrarios da Galiza, Asturias e Cantabria, esta terza feira (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

Organizacións agrarias fechan unha táboa de reivindicacións de cara ás mobilizacións do 20 de febreiro

O sector mobilizarase na Galiza, Asturias e Cantabria.
rata toupa
ECONOMÍA

Critican as "miserentas" axudas da Xunta para os danos da rata toupa, que afecta centos de explotacións

As zonas máis afectadas pola praga son as comarcas dos Ancares, Quiroga e Sarria.

Explotación gandeira de leite na Comarca do Deza (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

A entrada de produtos desde outros países lastra o agro galego: fóra de tempada e de peor calidade, mais a menor prezo

A competencia desleal, con prezos baixos e a entrada de produtos transformados desde outros países, dificultan a continuidade das explotacións agrarias galegas. Entidades labregas e expertos analizan esta situación e a falta dunha industria de transformación dos produtos primarios na Galiza.
Concentración de protesta con tractores onte no Polígono Industrial das Gándaras, en Lugo.
ECONOMÍA

As exixencias da nova PAC rebelan o agro galego contra as normas de Bruxelas

As organizacións agrarias galegas demandan menos burocracia e prezos xustos para poder "vivir das nosas explotacións"