vendima

Un home vendimando en Sober. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

A DO Ribeira Sacra fecha unha das colleitas máis produtivas e eleva a 76,8 millóns os quilos de uva recollidos no país

Desde a DO subliñan a "moi boa calidade" desta colleita, na que a uva tinta "vén con menos graos do habitual polo cambio climático".
Traballos de vendima en Cambados (comarca do Salnés) o pasado 7 de setembro. (Foto: Elena Fernández / Europa Press)
ECONOMÍA

Récord na vendima de 2023: 75,4 millóns de quilos de uva recollidos na Galiza

Rías Baixas rexistra o seu récord histórico, con 44,3 millóns de quilos

As uvas nas diferentes Denominacións de Orixe conseguiron o seu estado óptimo, como estas 
no Ribeiro (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

As Denominacións de Orixe prevén incrementar 8,7% o volume de uva recollida

A vendima na Galiza está no seu apoxeo. Todas as Denominacións de Orixe galegas agardan sumar estes días as adegas que aínda non comezaron a colleita. Este ano, co aumento da produción na zona vitivinícola de Rías Baixas, podería ser de récord.
Cepas do Ribeiro. (Foto: Sole Felloza)
Agora

Adegas do Ribeiro dan inicio oficialmente á campaña da vendima

Adegas da Denominación de Orixe O Ribeiro comezan esta semana a súa vendima, segundo informan. Trátase de cinco adegas que solicitaron facelo para recoller as uvas de maduración máis temperá, como algún godello de parcelas situadas en zonas baixas. Nun comunicado, a Denominación de Orixe Ribeiro explica que as condicións climáticas deste ano fixeron que o comezo da vendima se adiantase uns días con respecto a anos anteriores. Tras o control en viñedo dos inspectores do consello regulador, constatouse que "hai algunhas zonas e variedades de uva que se atopan nun excelente grao de maduración". "Esta vendima augúrase que será moi extensa no tempo", avanza a Denominación de Orixe, que explica que se calcula que sexa até mediados de outubro.

Un vendimador na Ribeira Sacra. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A vendima de 2022 fecha como a segunda máis abundante dos últimos 10 anos, mais afectada pola seca

Do total, 85% das uvas recollidas foron de variedades brancas, mentres que 15% restante corresponderon a variedades tintas.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na súa visita a Pazo Baión. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Lei galega de viño e prezo mínimo para a uva: As propostas do BNG para reforzar o sector

“A calidade dos viños galegos non é produto da casualidade senón o resultado  do gran traballo de viticultores e adegueiros ao longo do tempo", asegurou Ana Pontón.
Un vendimador transporta nunha caixa parte da colleita recollida no viñedo dunha adega da D.O. Ribeira Sacra, o pasado ano. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

Comeza unha vendima marcada pola seca

"Sobre como se presentaba a colleita en xuño, que era espectacular, si que é certo que estas vagas de calor que padecemos durante todo o verán vanse reflectir un pouco cuantitativamente porque foron moi fortes", sinala Juan Manuel Casares, da DO do Ribeiro.
A seca deste verán, as actuais chuvias e a falta de man de obra condicionan en gran medida a vendima deste ano. (Foto: Carlos Castro, Europa Press)
ECONOMÍA

Estes son os problemas aos que se enfrontan os viticultores e viticultoras na vendima deste ano

Os cambios meteorolóxicos bruscos que estamos a vivir no país están a afectar a moitos sectores da economía, sendo un dos máis prexudicados o da viticultura. A necesidade de adiantar a vendima, a falta de man de obra, a recente seca ou as actuais chuvias son algúns dos atrancos que o mundo da uva tivo, e aínda ten, que superar, segundo a Asociación Galega de Viticultura (AGV).
Recollida da uva nunha adega da Ribeira Sacra (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

Galiza fecha unha das mellores colleitas da súa historia

As cinco denominacións de orixe galegas prevén rematar esta semana unha vendima histórica, con preto de 73 quilos de uva recollidos.
Rosa Pérez Otero nas instalacións da estación de Areeiro.
Rosa Pérez Otero, técnica da Estación Fitopatolóxica Areeiro

Rosa Pérez: "O número de tratamentos nas viñas é exaxerado e a tecnoloxía pode axudar"

O control dos fungos é un proceso chave no cultivo das vides. Rosa Pérez Otero é a técnica responsábel das alertas fitosanitarias na estación fitopatolóxica de Areeiro, onde traballan en novos sistemas para predicir con maior precisión a posíbel incidencia destes patóxenos e adaptar así os tratamentos.
Un vendimador (Foto: Brais Lorenzo).
star
Reportaxes

Unha viaxe ao canón do Sil

Malia as medidas do coronavirus, a vendima heroica continúa en pé na Ribeira Sacra, un dos segredos mellor gardados do noso país que, a pesar das dificultades económicas, continúa a crer na preservación da súa tradición milenaria
Vendima 2020 (Arxina)
ECONOMÍA

Viticultores, a parte débil da vendima 2020

As e os produtores de uva non contaban con contrato previo á vendima e desde UUAA aseguran que esta circunstancia debería estar controlada polas institucións.
Vides na Ribeira Sacra
ECONOMÍA

As denominacións de orixe galegas prevén superar os 64 millóns de quilos de 2019

A vendima, marcada polas novas medidas anti Covid-19, podería rematar con preto de 65 millóns de quilos de uva recollida
Os traballos da vendima comezaron en moitas adegas sen un protocolo de actuación fronte á Covid-19.
ECONOMÍA

Fruga critica o desleixo da Xunta na prevención da Covid-19 no medio rural

Fruga exixe ás consellarías de Sanidade e Medio Rural protocolos de actuación e un catálogo de medidas preventivas fronte á Covid-19 para traballos agropecuarios e forestais.
Vendima (Imaxe: Sindicato Labrego Galego).
TRABALLO

O sector do viño suma interrogantes en ausencia do protocolo da Xunta

O presidente da Xunta e líder do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, anunciou o inicio de probas da Covid-19 o 20 de agosto, ás portas das primeiras vendimas. Porén, até o día 21 o sector non recibiu o correo do Sergas no que se lle solicita os datos dos xornaleiros e xornaleiras coas que contarán. A ausencia do protocolo anunciado pola Xunta tamén abriu numerosos interrogantes
Vendima
TRABALLO

Sen información sobre o protocolo de seguranza dos xornaleiros ou os test a "entre 3.000 e 4.000" de cara a vendima

Núñez Feixoo anunciou o 19 de agosto a aprobación do protocolo para explotacións agrícolas con traballadores temporeiros, porén os sindicatos agrarios non teñen información ao respecto. Medio Rural sinala que é a Consellaría de Sanidade a responsábel de aplicalo, mais esta non respondeu as cuestións de Nós Diario sobre como se levarán a cabo as probas.
f4_10-11_uva
ECONOMÍA

Viticultores discuten solucións para o excedente de uvas

Os viticultores enfróntanse a unha vendima que se presume abondosa. Que facer coa produción de uva que excede os rendementos máximos por hectárea acordados por cada consello regulador é debate recorrente do sector: axustarse aos cupos ou regulalos cada tempada. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respeito no número 361 do semanario en papel Sermos Galiza.
Vendima
Precariedade

A cara B das mans que vendiman

A vendima na Galiza é un traballo cunha temporalidade moi alta. Estudantes e persoas paradas de longa duración son das máis habituais ao pé de viña. Co aumento do rendemento nas explotacións máis grandes, medrou a demanda de man de obra. Novos actores de contratación e captación de traballadoras e traballadores, como as Empresas de Traballo Temporal, estanse a introducir neste sector nos últimos anos. Eis un extracto dunha reportaxe que publicamos ao respecto no Sermos Galiza 317.

Vendima
ECONOMÍA

Inspeccións de traballo que “intimidan” os traballos solidarios e colaborativos na vendima

“No agro galego sempre se realizaron traballos solidarios e en colaboración”, indican desde a Asociación Galega de Viticultura.