foto

Agora
Un fotograma de 'Farha', o filme que se exhibirá esta tarde.
Agora

A Fundación Araguaney e a USC conmemoran o aniversario da Nakba Palestina

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas, en colaboración coa Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago (USC), celebrará a xornada Eterna Nakba. 76 anos do exilio do pobo palestino hoxe, ás 18 horas, no salón de actos da Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos). O acto consistirá nunha charla de presentación a cargo do director do Festival de Cine Euroárabe AMAL, Ghaleb Jaber Martínez, de raíces palestinas, e a proxección dunha película. Farha é cinta elixida e narra a historia e soños dunha adolescente palestina que quere deixar a súa aldea e ir á escola.  A súa proxección é un recordatorio da continua loita do pobo palestino polos seus dereitos e a súa terra nun filme que mostra a realidade da vida do pobo palestino.

'O Raio Verde' impúxose na xornada con tan só 11 anos e 191 días. (FGDA).
Agora

Xián, récord ao gañador de xornada absoluta máis novo na Liga Atlántica de Billarda

A Liga Atlántica de Billarda apura as súas últimas datas da tempada, pero iso non é óbice para que a competición siga facendo historia. Esta vez o novo récord chegou da man de Xián, alcumado 'O Raio Verde', quen con só 11 anos e 191 días de vida tornou na persoa máis nova en vencer no campionato absoluto. Coa praza de Fefiñáns de Cambados como escenario de excepción desta décimo sexta xornada de torneo, Xián (Lúa de Forza de Sanxenxo) rematou en primeira posición, por diante de Álvaro Otero (Gharaboto de Marín) e Albino Veiga (Valpaços Terra Quente de Vigo). Na categoría feminina impúxose Tania (Valpaços Terra Quente de Vigo), que estivo acompañada no podio por Elena González (Gharaboto) e Lucía (Valpaços), mentres que o ouro na modalidade infantil foi para Aldara (Gharaboto).
 
Pedro Sánchez, o presidente español, nunha intervención a segunda feira. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Agora

A Arxentina négase a desculparse con Sánchez logo do insulto de Milei á súa parella e Albares abre a porta á ruptura de relacións

Manuel Adorni, voceiro do presidente ultradereitista arxentino Javier Milei, subliñou na madrugada da segunda feira que “poden esperar tranquilos que non vai haber unha desculpa”, após chamar o mandatario “corrupta” á parella do presidente español, Pedro Sánchez, durante un acto ultradereitista en Madrid. O titular de Exteriores español, José Manuel Albares, advertiu que racharan as relacións bilaterais se non hai unha desculpa pública.

En papel
Humor
Locais de hostalaría onde podes ler 'Nós Diario'
Día das Letras Galegas

Manifesto Villalta

Luísa Villalta non é patrimonio exclusivo da literatura. Artista única e diferente. A súa proclama da unidade esencial entre a música e a poesía…