Guatemala-Galiza: 'Unha mesma situación, unha mesma resistencia'
01 de maio de 2013 (00:17 h.)
Mulleres de Guatemala traen a Galiza a denuncia contra a empresa Hidralia, con sede na Coruña, pola violación de dereitos humanos e a represión a 23 comunidades indíxenas para construír unha central hidroeléctrica nunha corrente de auga en terreo sagrado.