Arabia Saudita fogocita o circuíto feminino de tenis

A lendaria Navratilova denunciou o pacto co réxime da Casa Saúd. (Foto: Steve).
A Women's Tennis Association (WTA), organización reitora do tenis feminino a nivel internacional, vén de fechar unha alianza co Fondo de Investimento Público (PIF, nas súas siglas en inglés) de Arabia Saudita para, segundo explicou, "facer que o tenis profesional feminino medre e, así, inspirar máis mulleres e nenas de todo o mundo a practicalo". O país de Oriente Medio, que discrimina as mulleres en practicamente todos os eidos da vida pública e privada, segundo veñen denunciando repetidamente organizacións como Amnistía Internacional, tornará desde agora no primeiro patrocinador do ránking mundial da WTA -no que a vilagarciá Jessica Bouzas é a única galega no 'Top-100'- e Riad acollerá as finais das WTA Finals, principais medidas dun acordo que denunciaron lendas como Martina Navratilova ou Chris Evert.