O Atlético Guardés colide co Elda na Liga Guerreiras
16 de febreiro de 2024 (18:53 h.)
O Atlético Guardés quere recuperar as boas sensacións que mantivo durante sete xornadas ligueiras seguidas e esquecer a dura derrota do sábado pasado na pista do KH-7 Granollers, un partido que puxo fin á súa excelente de vitorias. O encontro dedeste sábado (17.30 horas) contra o Elda Prestixio, que visita por primeira vez A Sangriña, preséntase como unha gran oportunidade para pasar páxina, retomar as aspiracións de posicionarse na parte alta da táboa e permitirse soñar con Europa. Mecalia e Elda nunca se enfrontaron na Guarda, posto que o ascenso do equipo galego coincidiu co descenso do club alacantino; si se mediron, non obstante, este curso no Florentino Ibáñez, nun partido da sétima data que gañou de forma máis que contundente o cadro arraiano por 25 a 38.