As autoridades chinesas elevan a 127 a cifra de mortes no terremoto no norte do país
19 de decembro de 2023 (18:50 h.)
O terremoto máis mortífero na última década na China deixou no mínimo 127 falecementos, indicaron hoxe as autoridades locais. O sismo que golpeou o norte chinés durante a noite, cunha magnitude de 6,2 na escala de Richter, tamén provocou feridas a máis de 700 persoas e danou 155.000 casas. Máis de 2.700 membros de equipos de rescate foron enviados á zona, mais as baixas temperaturas están a dificultar o seu traballo.