O Básquet A Coruña desata a febre e xa ten 6.000 persoas aboadas
23 de maio de 2024 (17:04 h.)
O recente ascenso do Leyma Básquet A Coruña, que se unirá a próxima tempada ao Leite Río Breogán de Lugo na Liga ACB, desatou unha febre polo baloncesto na cidade herculina. Así o confirman as cifras feitas públicas pola escuadra laranxa, que revelou na xornada de onte que xa superou as 6.000 reservas para formalizar os abonos de cara á tempada 2023/24. Isto significa que, case con total seguridade, o Básquet Coruña disputará os seus partidos como local no recinto do Coliseum, e non no Pazo dos Deportes de Riazor, como viña facendo até o de agora, pois a capacidade deste último pavillón é de tan só 4.425 espectadoras, mentres que a do Coliseum supera as 8.000.