O BNG exixe retirar a indicación para atender urxencias pediátricas por vía telefónica na área de Vigo
03 de maio de 2023 (16:34 h.)
O BNG rexistrou esta cuarta feira unha batería de iniciativas no Parlamento galego para exixir a Sanidade explicacións pola “intolerábel” indicación trasladada ao persoal da área sanitaria de Vigo para derivar a Enfermaría e a atención telefónica as urxencias de crianzas que chegan a centros de Atención Primaria onte non hai pediatras. Sanidade admite que se traballa cos profesionais para “matizar” esa “guía de actuación”, mais a formación nacionalista exixe a súa “retirada”.