Caballero presenta “a mellor lista de todos os Concellos de España e de Europa”

Abel Caballero na presentación da listaxe coa que concorre ás eleccións pola Alcaldía de Vigo. (Foto: Europa Press)

O alcalde de Vigo e candidato á Alcaldía polo PSdeG, Abel Caballero, presentou esta terza feira nun acto público diante das obras do ascensor Halo a candidatura que o acompañará no proceso electoral do 28 de maio, unha listaxe que cualificou como “a mellor que se presentou nunca en ningún Concello de España e Europa”. Caballero afirmou ignorar se Pedro Sánchez fará campaña na cidade, pois el di ser "absolutamente autónomo".