Carballo segue dando novos pasos de cara ao consumo comunitario de enerxía
30 de xaneiro de 2024 (19:25 h.)
Representantes da Cámara da Coruña e do Instituto Tecnolóxico da Galiza (ITG) mantiveron unha reunión coa xerencia do polígono industrial carballés de Bértoa para abordar o desenvolvemento dunha posíbel comunidade enerxética local. A iniciativa supón un paso máis de cara ao consumo comunitario de enerxía en Carballo (Bergantiños), despois de ter presentado o Goberno local un estudo para desenvolver unha comunidade enerxética aberta á veciñanza.