Case 2.000 alumnos e alumnas da Coruña participarán esta sexta feira no Correlingua
03 de maio de 2023 (19:47 h.)
Arredor de 2.000 estudantes de centros educativos coruñeses participarán no Correlingua, cun percorrido entre Riazor e a Torre de Hércules, segundo informaron os seus promotores. Na cita estarán presente uns vinte centros educativos da cidade e concellos da comarca, como Arteixo, Cambre e Oleiros, entre outros. A saída terá lugar ás 11 horas desta sexta feira, en dirección á Torre de Hércules, onde terá lugar a festa final ao pé do monumento.