Celta: Unai Núñez, 'dentro'; Hugo Mallo, 'fóra'

Unai Núñez seguirá en Vigo un ano máis en calidade de cedido. (Foto: Europa Press)
Confirmada a permanencia hai menos dunha semana, o foco da actividade do único conxunto galego na Primeira División concéntrase nos despachos. En apenas 24 horas coñeceuse a marcha do director xeral e man dereita do presidente Mouriño, Antonio Chaves, así como a saída —aínda non oficializada— do capitán Hugo Mallo e a continuidade do central Unai Núñez. Este último seguirá na entidade olívica en calidade de cedido, abrindo a porta a que o defensa de Sestao de 26 anos pase definitivamente a ser propiedade do Celta ao remate da tempada 2023/24. Esa será a primeira, salvo cambio radical de última hora, na que Hugo Mallo non milite no club no que se formou desde o seu debut na 2009/10, pois Iago Aspas anticipou que "marcha unha parte do escudo".