Análise

Desaloxan os veciños dun edifico en Ames tras declararse un incendio nun dos baixos

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)

Un incendio declarado nun dos baixos dun edificio da rúa Rosalía de Castro do Milladoiro, en Ames (comarca de Compostela) obrigou a desaloxar por precaución os veciños das vivendas.Segundo a información proporcionada polo CIAE 112-Galicia, o lume iniciouse pasada a medianoite nunha empresa de informática situada nos baixos do edificio, presumibelmente por mor dun fallo eléctrico. O incendio provocou unha forte fumareda no edificio, especialmente na zona das escaleiras. Até o lugar foron mobilizados efecitvos do 061, Bombeiros de Boiro e de Santiago, GES de Brión, Garda Civil, Policía Local e membros de Protección Civil de Ames. Tras finalizar a intervención, os Bombeiros indicaron ao 112 que, debido ao lume, un baño, unha oficina e o falso teito do baixo sufriran danos e, a maiores, o resto do edificio viuse afectado polo fume.