O detido polo asasinato dunha muller en Pontevedra pasa a disposición xudicial esta cuarta feira
24 de maio de 2023 (09:20 h.)
O home detido na madrugada desta pasada segunda feira por supostamente matar unha muller cunha arma branca en Pontevedra pasará a disposición xudicial previsibelmente esta cuarta feira, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG). Será o Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra, en funcións de garda, o que se encargue dos feitos.