Detido un veciño de Lourenzá por violencia machista e ao que se lle interviron varias armas

(Foto: Garda Civil / Arquivo)

A Garda Civil detivo en Mondoñedo a un veciño de Lourenzá, comarca da Mariña, de 58 anos, como suposto autor dos delitos de violencia doméstica, acoso, ameazas e contra a seguridade viaria. Os axentes trasladáronse ás inmediacións do domicilio da vítima após ter constancia de que o presunto infractor atopábase no lugar. Este, ao observar a presenza policial, fuxiu no seu vehículo sen deterse até a chegada á vivenda que ocupa na actualidade, onde tratou de esconder un arma de fogo entre a maleza. Ao ser recuperada, comprobouse que estaba cargada con tres cartuchos. Como o home presentaba síntomas evidentes de atoparse baixo os efectos do alcol, realizáronlle as probas de alcoholemia lanzando unha taxa de 0,75 miligramos. Así mesmo, interviuse no interior da vivenda outras tres armas de fogo e munición diversa. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.