Dous detidos após a desarticulación dun punto de venda de droga en Compostela
14 de xuño de 2023 (10:01 h.)
A Policía Nacional desarticulou un punto de venda de drogas en Santiago de Compostela nun operativo no cal foron detidas dúas persoas por tráfico de estupefacientes, concretamente cocaína e heroína. A unha delas impútaselle tamén tenencia ilícita de armas. O corpo policial, segundo informa, detectou a presenza dun posíbel punto negro de venda na capital galega grazas a un dispositivo dentro do plan de resposta contra o tráfico retallista e consumo de drogas.