Dúas evacuadas, unha con síntomas de inhalación de fume, por un incendio nun piso en Lugo

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)

Dúas mulleres tiveron que ser evacuadas, unha delas con síntomas de inhalación de fume e outra cunha crise de ansiedade, ao producirse un incendio nunha das vivendas dun edificio en Lugo. Todo ocorreu pasadas as 19.30 horas da tarde do luns, cando varios veciños puxéronse en contacto co 112 Galiza para alertar deste fogo rexistrado no quinto piso dun inmóbel da Avenida de Garabolos. De feito, un dos alertadores explicaba que os ocupantes permanecían no interior do domicilio, do que saía un fume negro pola porta.