Falece un ciclista de 51 anos tras sufrir unha caída nun circuíto de 'Mountain Bike' en Pontevedra

Tramo do circuito de 'Mountain Bike' na Fracha, Pontevedra (Foto: Wikiloc).

Un home faleceu esta terza feira ao sufrir unha caída cando practicaba ciclismo de montaña nuns circuítos situados no parque forestal da Fracha, en Pontevedra. O falecido é un home de 51 anos veciño de Cambados que saíu da súa casa pola mañá para realizar ciclismo, segundo confirmaron fontes dos servizos de emerxencia. Ante a tardanza, os seus achegados comezaron a buscalo e presentaron unha denuncia ante a Garda Civil. Unha persoa deu a voz de aviso tras localizar o seu corpo sen vida no circuíto de mountain bike da Fracha.