Falece un operario en Curtis após caerlle unha árbore enriba

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)

Un operario faleceu na tarde desta quinta feira en Curtis (As Mariñas) nun accidente laboral, ao caerlle enriba unha árbore. Segundo a información do CIAE 112-Galiza, o suceso aconteceu ás 17 horas no lugar de Outeiro do Pato, en Foxados, onde o home se atopaba traballando. Ao parecer, unha árbore caeu e golpeouno na cabeza. Até a zona desprazáronse efectivos da Garda Civil, GES de Curtis e Protección Civil da localidade, así como unha dotación do 061, que só puido certificar a súa morte.