Falece un operario en Rubiá após quedar atrapado nunha máquina dunha central hidroeléctric

Ambulancia medicalizada. (Foto: Sergas)

Un operario faleceu na mañá desta cuarta feira após quedar atrapado nunha máquina dunha central hidroeléctrica situada na localidade de Rubiá, comarca de Valdeorrras Segundo informa o 112 Galiza, os feitos ocorreron minutos antes das 12:30 horas e foi o propio persoal das instalacións o que alertou aos servizos de emerxencia. Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activou o operativo, solicitando a participación de Urxencias Sanitarias, dos bombeiros e do GES de Valdeorrasl. Unha vez no punto, situado na parroquia de Covas, os bombeiros liberaron o corpo do traballador, sen que se puidese facer nada para salvarlle a vida.