Redacción
28/dec./23 - 16:44
Actualizado: 29/dec./23 - 07:25
O festival Revenidas pon á venda os primeiros abonos en xaneiro
O festival Revenidas, que decorrerá entre o 12 e o 15 de setembro en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), porá a venda 500 abonos para o seu público máis fiel, mesmo antes de dar a coñecer o seu cartel. Os abonos poderán mercarse a partir das 12 horas do vindeiro 2 de xaneiro na web www.revenidas.com. O excepcional prezo destes 500 primeiros abonos será de 46 euros máis gastos de xestión. As persoas que merquen estes abonos tamén poderán reservar xa a zona de acampada dende a propia web, abonando o suplemento correspondente
Aínda que o Revenidas non avanzou aínda ningún dos nomes que conformarán o seu cartel, o festival manterá a súa filosofía de incluír destacadas figuras da escena musical galega, estatal e internacional, tendo moi en conta cuestións como a paridade de xénero ou a presenza de linguas minorizadas. Non faltarán tampouco as actividades paralelas que son parte e historia fundamental do Revenidas como a tradicional sardiñada, a Gala de Circo Solidaria, os concertos a bordo ou o roteiro por Vilaxoán.