A Fundación Araguaney e a USC conmemoran o aniversario da Nakba Palestina

Un fotograma de 'Farha', o filme que se exhibirá esta tarde.

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas, en colaboración coa Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago (USC), celebrará a xornada Eterna Nakba. 76 anos do exilio do pobo palestino hoxe, ás 18 horas, no salón de actos da Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos). O acto consistirá nunha charla de presentación a cargo do director do Festival de Cine Euroárabe AMAL, Ghaleb Jaber Martínez, de raíces palestinas, e a proxección dunha película. Farha é cinta elixida e narra a historia e soños dunha adolescente palestina que quere deixar a súa aldea e ir á escola.  A súa proxección é un recordatorio da continua loita do pobo palestino polos seus dereitos e a súa terra nun filme que mostra a realidade da vida do pobo palestino.