Gadis lembrou cun acto no Museo do Mar de Vigo o Día da Muller no sector marítimo

Asistentes ao acto no Museo do Mar de Vigo (Foto: Nós Diario).
Gadis conmemorou onte o Día Internacional da Muller no sector marítimo reunindo nas instalacións do Museo do Mar de Vigo o foro “Mulleres dos Mares”, a partir dunha representación de provedoras locais. A intención foi dar a coñecer as súas historias persoais e profesionais en torno ao mundo do mar e todo o ecosistema que xeran ao seu redor coa intención de destacar a importancia do seu traballo e contribuír ao seu empoderamento nun dos sectores que consideran “vitais para esta comunidade”. No acto desta compañía alimentaria explicaron as súas vivencias, no formato de mesa redonda,  María José Casais Boo (Cooperativa de Ribeira OPP83), Rocío Estévez Freiría (Mariña San Marco), Lina Solla Sanmartín, (Linamar) e Sara Losada Vilas (Vengarco).