Goya á Mellor Curta de Animación para Martín Romero
10 de febreiro de 2024 (23:58 h.)
O director coruñes Martín Romero recibe o Goya á Mellor Curtametraxe de Animación polo seu filme To Bird or Not To Bird, unha mirada crítica do mundo contemporáneo desde a perspectiva das aves. Producida por Iván Miñambres e Chelo Loureiro, o filme xa recibira numerosos premios en festivais como o de Torrelavega ou o Veliki Brcko Best Film Award.