Identifican un mozo que destrozou co seu coche as alfombras do Corpus en Gondomar

Unha alfombra do corpus con desperfectos en Gondomar (Foto: Garda Civil).

A Garda Civil de Gondomar identificou un mozo de 20 anos acusado de esnaquizar co seu coche as alfombras florais preparadas na localidade con motivo da festividade do Corpus Cristi. Os feitos sucederon na madrugada do domingo, cando o mozo pasou co seu vehículo sobre as alfombras tras saltar un sinal de prohibido o paso, outro de dirección obrigatoria e varios valos metálicos que protexían as alfombras florais do Corpus na Rúa Eduardo Iglesias.