Marc Torres seguirá no Club Padronés-Cortizo

(Foto: CC Cortizo).
O equipo ciclista Padronés-Cortizo segue traballando no deseño do cadro de persoal co que afrontará a próxima tempada. O seu director deportivo, Marcos Serrano, quere "unha escuadra competitiva" na que os mozos vaian asumindo "máis protagonismo". Por iso, antes de confirmar novas incorporacións tratará de asegurar a continuidade das súas promesas, corredores que renderon a un bo nivel esta campaña e que deberán continuar coa súa progresión en 2024. Nesta liña, logo de renovar os galegos Martín Rei e Alejandro Paz, chegou a quenda do ibicenco Marc Torres, que mostrou a súa "felicidade" por ter a posibilidade de continuar no equipo que lle deu "a oportunidade de saltar de categoría" e de participar "en todo o calendario da Copa de España".