Morre un motorista ao chocar cun coche en Quiroga
08 de maio de 2024 (09:05 h.)
Un motorista faleceu ao batercontra un coche na estrada LU-933, á altura a parroquia de Nocedo, no municipio de Quiroga (comarca homónima). Segundo informa o 112 Galiza, sobre as 18:10 horas un particular deu aviso do accidente. Até o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, pero só puideron confirmar o falecemento. O suceso tivo lugar no quilómetro 31 da LU-933. Foron avisados 061, membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel e Garda Civil de Tráfico.