O PP estremeño pacta un goberno con Vox dez días despois de afirmar que non o faría

María Guardiola (PP) será a nova presidenta de Extremadura. (Foto: Europa Press)
O PP e Vox alcanzaron esta sexta feira un acordo para gobernar en coalición Estremadura, para que a 'popular' María Guardiola torne en presidenta da Xunta estremeña e o partido de Santiago Abascal asuma unha consellaría, a de Xestión Forestal e Mundo Rural. O pacto de goberno chega logo de que a propia Guardiola, hai só dez días, negase de forma rotunda a entrada da extrema dereita no seu equipo: "Comprométome a non gobernar con Vox. Non podo deixar entrar no goberno a aqueles que negan a violencia machista, a quen usa o trazo gordo, a quen está deshumanizando os inmigrantes e a quen desprega unha lona e tira á papeleira unha bandeira LGTBI", dixera.