Pauleta estende o seu contrato co Benfica até o ano 2027
13 de febreiro de 2024 (18:47 h.)
Unha das mellores xogadoras de fútbol do país, Paula Domínguez, Pauleta, continuará defendendo as cores do Benfica até 2027.O conxunto da capital portuguesa e a centrocampista viguesa acordaron estender a vinculación que os une desde 2018 -coincidindo coa estrea do equipo feminino das Aguias- tan só unha semana despois de que Pauleta regresase logo de sete meses de inactividade a causa dunha rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo esquerdo. Xa recuperada, como demostrou no gol que anotou no seu partido de retorno ante o Torreense, a galega non ocultou o "orgullo xigante" que sente por continuar defendendo o Benfica "e todos os valores que representa".