Tres persoas feridas nunha colisión múltiple en Boiro con 5 vehículos implicados

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)

Unha colisión múltiple con 5 vehículos implicados saldouse esta quinta feira con tres persoas feridas, en AG-11, ao seu paso polo concello de Boiro, segundo informou o CIAE 112-Galiza. O sinistro tivo lugar sobre as 7,30 horas, no quilómetro 21 dese vial, na parroquia de Cespón, e varios particulares contactaron con Emerxencias. Un deles foi un dos condutores implicados no accidente, que relatou que batera contra algo na estrada, sen saber aclarar de que se trataba, e como consecuencia dese choque, outros vehículos chocaran co seu. Os equipos de intervención confirmaron que foron 5 os vehículos implicados, e que tres persoas tiveran que ser trasladadas polos servizos sanitarios, aínda que o seu estado, en principio, non revestía gravidade.