Pontevedra acollerá a 'Copa 5x5' de balonmán na rúa

Balonmán na Rúa 5x5. (Foto: FGB).
Chega a Pontevedra o circuíto de elite do balonmán de base, a Copa 5×5 de Balonmán na Rúa, unha "aposta novidosa por visibilizar o deporte da forma máis vistosa e atractiva", segundo a Federación Galega de Balonmán (FGB). Esta instalará un estadio de minibalonmán na cidade do Lérez, o cal albergará máis de 200 encontros durante seis días en datas aínda por confirmar no marco desta iniciativa dirixida a nenos e nenas das categorías alevín e benxamín. Ademais, a Federación Galega confirmou que O Porriño acollerá un choque entre o combinado estatal feminina e Acerbaixán o 7 de abril, e Lalín fará o propio co España-Serbia o 8 de maio.