Posíbel caso de maltrato animal: 97 cans, 17 cabalos e 4 gatos na mesma vivenda
08 de maio de 2023 (19:04 h.)
A Garda civil investiga a suposta autora dun delito de maltrato animal na localidade do Saviñao (comarca de Terra de Lemos), despois de que, após unha inspección, se localizasen na vivenda 97 cánidos, 4 felinos e 17 équidos. Segundo trasladou a Garda Civil nun comunicado, varios dos cans presentaban estao de saúde “severamente comprometido ou con sintomatoloxía compatíbel con patoloxías graves”.