O prezo do aluguer na Galiza subiu un 5,5% interanual, segundo o portal 'Fotocasa'

Vista dun edificio de vivendas en Ourense. (Foto: Agostime / Europa Press)

O prezo do alugueiro na Galiza subiu 0,9% na súa variación mensual e 5,5% en comparación co mesmo mes do ano anterior, o que situou o seu prezo en 8,19 euros ao mes en abril, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa. Este incremento interanual (5,5%) supón o máis baixo deste ano. A nivel estatal, este estudo sinala que os alugueiros se incrementaron 7,3% en abril respecto ao mesmo mes do ano anterior e un 1,2% na súa variación mensual.