Rueda anuncia a compra a Abanca do Cine Fraga e o Concello de Vigo di que o tería gratis

Fachada do edificio do Teatro Cine Fraga de Vigo. (Foto: Nós Diario)
O candidato do PP a presidir a Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, anunciou "conversas avanzadas" para a compra, por parte da Administración galega, do antigo Teatro Cine Fraga en Vigo, actualmente propiedade de Abanca, e a súa rehabilitación. Ao coñecer esta proposta, o PSOE vigués desvelou que o alcalde da cidade, Abel Caballero, está en "conversas" para conseguir que o banco ceda o edificio de maneira gratuíta á cidade. Así o confirmou o portavoz do Goberno municipal (e candidato por Pontevedra), Carlos López Font, que expresou a súa "sorpresa" polo "anuncio electoral". Unha iniciativa, a da recuperación do Cine Fraga, proposta xa polo BNG vigués no mes de maio, que suxeriu transformalo no "gran teatro municipal de Vigo".