Tanxugueiras despedirá dous anos de viaxe musical cun concerto "único" no Coliseum da Coruña

Tanxugueiras. (Foto: Rocío Cibes)

Tanxugueiras fechará a súa xira no Coliseum da Coruña o próximo 16 de decembro con 'O derradeiro diluvio', un concerto "único" que contará con artistas convidados como Rayden, Rozalén, Mordo, Guadi Galego, Valeria Castro, Mondra e "moitas sorpresas". Após dous anos de concertos, Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro anunciaron a despedida da súa viaxe musical acompañadas pola alcaldesa da cidade, Inés Rei. "Vai ser algo único e especial", destacou Tarrío, "con temas novos e moitas sorpresas".  As entradas poranse á venda esta sexta feira, primeiro de setembro, partir das 11 horas para todo o público. Esta cuarta feira, terá lugar unha prevenda dirixida a medio muller de entidades e asociacións de música tradicional, cun desconto do 10%.