The Rapants esgota en 15 minutos as entradas para a festa de presentación do seu novo disco

(Foto: Andrea Freckleseye)

The Rapants vén de pendurar, en tan só 15 minutos, o cartel de entradas esgotadas para a festa de presentación do seu terceiro álbum, La máquina del buen rollo, prevista para o sábado 23 de marzo na Sala Capitol. Ante a masiva resposta do público, a banda muradá propón unha segunda data na mesma sala de Santiago para que poidan asistir todas aquelas persoas que quedaron sen billete.