Os e as veteranas da billarda sacan músculo en Carballo

(Foto: FGDA).
De novo un xogador de Campo da Feira de Paiosaco inscribiu o seu nome como gañador da xornada na Conferencia Noroeste da Liga Atlántica de Billarda. Nesta ocasión foi Eladio Varela, quen aos seus 74 anos volveu demostrar que non hai idade para a billarda logrando a primeira vitoria individual absoluta da súa traxectoria. Outra veterana, nesta ocasión Mercedes Veiga (76 anos) foi a mellor na modalidade feminina, ascendendo grazas aos 22 puntos que obtivo nunha xornada que se desenvolveu no Pavillón do CEIP Xesús Romero de Carballo ao máis alto da clasificación xeral, onde agora avantaxa en sete puntos a Delia e en nove a Merche. Finalmente, nesta sétima data de campionato rematou o dominio absoluto que viña exercendo Valentín sobre a categoría, caendo no golpe de desempate con Kevin Torres.