Xan Rodiño, Geni e Xián triunfan na Liga de Billarda

Xan Rodiño foi o gañador da xornada. (Foto: Nós Diario)
Castro de Rei foi o escenario escollido para a duodécima xornada da Liga Atlántica de Billarda, Conferencia Noroeste, unha cita na que a pesar do mal tempo participaron 65 xogadores e xogadoras de 11 equipos diferentes. Entre todos eles o mellor foi Xan Rodiño (Lúa de Forza de Sanxenxo), quen subiu ao máis alto do podio na categoría individual absoluta por diante de Óscar Ponte (Campo da Feira de Paiosaco) e o seu compañeiro Edu. Con respecto á feminina, primeira concluíu Geni (Billardeiros Musicais de Ribadeo), segunda Irene (Cochiqueiros de Cerceda) e terceira Pili (Río Miño). Finalmente, o intratábel Xián (Lúa de Forza) volveu imporse na modalidade infantil.