Unha xestora porase á fronte do PP de Vigo nos próximos días tras renunciar Fernández-Tapias a todos os seus cargos
20 de febreiro de 2024 (16:46 h.)
Unha xestora, que se activará "non máis tarde do 29 de febreiro", dirixirá o PP de Vigo unha vez que a até o de agora líder local, Marta Fernández-Tapias, deu o paso de renunciar a todos os seus cargos, como anticipou que faría no arranque da campaña electoral ás eleccións do pasado domingo. Un día despois da vitoria do líder do PP galego, Alfonso Rueda, nas urnas, Fernández-Tapias enviou á militancia unha carta na que comunicaba que formalizara a súa renuncia á Presidencia do PP de Vigo #ante o comité executivo provincial.