#porminnonvaiquedar triunfa no Culturgal
Mercedes Peón, Manolo Rivas, Suso de Toro, Guadi Galego, Xosé Manuel Budiño, Yolanda Castaño e moit@s máis apoian a lectura de Sermos Galiza.
A de onte no Culturgal foi unha xornada especial. Sermos Galiza botaba a andar a campaña #porminnonvaiquedar, animando á lectura do medio. Ao redor dun cento de persoas fotografáronse co noso lema, que convida ao compromiso individual cos medios en galego.
Nos últimos a
Dende Sermos queremos agradecer a todas aquelas persoas que se fotografaron con nós. Houbo nomes coñecidos do mundo da escrita, como Manolo Rivas, Yolanda Castaño, Alberto Ramos, Suso de Toro, Marta Dacosta, Xurxo Souto, María Reimóndez, Xavier Puente Docampo ou Ledicia Costas. Tamén editores, como Manolo Bragado ou Vítor Freixanes ou persoas do ámbito da política, como Martiño Noriega, alcalde de Teo, ou Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo.
Así mesmo, contamos con referencias do ámbito musical, como Uxía, Xosé Manuel Budiño, Mercedes Peón, Guadi Galego ou Magín Blanco, e actores como Morris, Celso Parada, Xulio Abonjo ou Pedro A
As fotografías han ser difundidas ao longo das vindeiras semanas nas redes sociais de Sermos Galiza, tanto no noso facebook como na nosa conta de twitter.
A partir da sexta feira, 12 de decembro, a primeira hora da mañá e a última da tarde publicaremos un total de catro fotos diarias. Aquela que obteña cada semana o comentario máis enxeñoso publicarase, así mesmo, no semanario.