A Ultranoite vai a Vite

Barrio de Vite
O de Vite é un dos barrios máis populares de Compostela. Construído como barrio obreiro na expansión da cidade creou, en certa medida, carácter na veciñanza. Agora reciben unha Ultranoite que, alén de afondar na súa singularidade, presentará o programa Urbana Norte.

Vite é en Compostela o que Coia a Vigo, o barrio traballador que se creou con familias que, sen excesivos recursos, se facían cunha vivenda imposíbel no centro urbano da cidade. Despois duns anos oitenta no que a droga martiriou á súa viciñanza, o camiño entre os dous séculos serviu para un novo desenvolvemento no que o barrio renaceu amparada pola aparición de edificios institucionais e universitarios e rodeados de zonas verdes. Ata Vite se dirixen este xoves Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Mónica García, Arantza Villar, Xacobe Martíne Antelo, Max Góme e Manuel Cebrián para artellar unha Ultranoite singular, celebrada en xoves e no centro sociocultural do barrio.

A Ultranoite, alén de contar coa propia historia do barrio, con figuras como o investigador Arquímides Maceira ou as históricas Marías, que viviron no Espírito Santo, servirá para dar a coñecer o programa Urbana Norte que ten como obxectivo o desenvolvemento desta zona da cidade que, ademais de Vite, inclúe Vista Alegre, o Romaño, Guadalupe, San Caetano, Almáciga, Concheiros, San Pedro, os Basquiños, Espírito Santo e Ultreia.