A Agrupación Cultural O Galo homenaxea Manuel María
No acto entregarase un cartafol artístico, da autoría de Nolo Suárez, á Fundación Manuel María
O legado de Manuel María continúa a estenderse por toda a Galiza. Esta sexta-feira, ás 20:30h, no Espazo eno-cultural Vide vide! a Agrupación Cultural O Galo organiza unha homenaxe en lembranza ao poeta. No acto entregarase a Saleta Goi (viúva do homenaxeado e presidenta da Fundación Manuel María) e á Casa-Museo Manuel María un cartafol artístico da autoría do pintor Nolo Suárez, actualmente vicepresidente da Agrupación Cultural Galo. Por outra banda, Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María, falará sobre o legado do poeta da Terra Chá e tamén se proxectará un audiovisual sobre a súa vida.
A Agrupación Cultural O Galo é unha das entidades culturais en activo máis antigas da Galiza, da que o propio Manuel María foi colaborador.