ROCK E OUTRAS LEIRAS

AMON AMARTH: JOMSVIKING

Esta semana Isidro Rajo fálanos do novo dos suecos Amon Amarth, os vikingos máis sanguinarios. 

Volven os suecos Amon Amarth, despois de 3 anos de silencio discográfico co que é o seu décimo traballo de estudo, Jomsviking, co que desmostran que seguen a ser unha das principais bandas de death metal melódico da actualidade.

Jomsviking, é un traballo conceptual baseado nunha historia de amor e morte destes mercenarios viquingos. En palabras de Johan Hegg: "É unha historia moi simple, onde un mozo está namorado dunha rapaza, pero, desgraciadamente, ela está a ser casada. Accidentalmente mata un home cando isto ocorre e ten que fuxir. El xura ter vinganza e reconquistala. Non pode deixar de mirar ao pasado. Sente que foi inxustificado e que súa vida foi destruída. A historia do Jomsviking  é o fondo,  é o xeito que atopa para volver e clamar a súa vinganza. A forma na que a historia evoluciona non é unha historia feliz ... é unha traxedia,  creo.  Gusto  dos  finais tristes, porque son os que máis vos afectan. “

É unha historia moi simple, onde un mozo está namorado dunha rapaza, pero, desgraciadamente, ela está a ser casada

Estamos ante un dos traballos máis ambicioso da banda, que marcará un fito na súa traxectoria. Xa dende o cru e violento inicio do álbum con First Kill, onde narra o asasinato, introducímonos nunha atmosfera que nos fai vivir como se estiveramos presentes toda esta épica historia, no que cada canción parece asestar un golpe mortal ao corazón.  Tanto a composición como a produción están coidadas dun xeito exquisito. Os cambios de tempo, as variacións nas intensidades, así  como nun paso máis terreo melódico  e nuns riffs que non paras de cantar dende a primeira escoita.

Pode que haxa que diga que este disco é máis comercial, eu creo que se trata da evolución lóxica dunha banda que alcanzou a súa madurez, como demostran temas tran brutais como On A Sea Of Blood, Rise Your Horns  ou Vengeance Is My Name. Cabe destacar  A Dream That Cannot Be, onde contan coa colaboración de Doro Pesch, que fai unha interpretación vogal sobresaínte que encaixa perfectamente coa voz de Hegg. 

Tanto a composición como a produción están coidadas dun xeito exquisito

Só podo engadir unha cousa máis deste disco: Mércao, non te vas arrepentir. E se tes a posibilidade de ir a un concerto  desta xira que fan xunto a Testament e Grand Magus, non deixes de facelo. Non te arrepentirás.

Video: Amon Amarth – First Kill
Video: Amon Amarth – At Dawn’s First Light


LISTAXE DE TEMAS
1.    First Kill
2.    Wanderer
3.    On A Sea Of Blood
4.    One Against All
5.    Raise Your Horns
6.    The Way Of Vikings
7.    At Dawn’s First Light
8.    One Thousand Burning Arrows
9.    Vengeance Is My Name
10.    A Dream That Cannot Be (con Doro)
11.    Back On Northern Shores 

AMON AMARTH NAS REDES

WEB: http://www.amonamarth.com/

Facebook: https://www.facebook.com/officialamonamarth
Twitter: @amonamarthband