Unha andaina por Cerdeira e e un concerto de Malvela para abrir boca na Feira do Requeixo e Mel

requeixo e mel

Terán lugar nesta quinta feira, no día previo á XXVI edición desta Festa de interese turísco de Galiza que se realiza nas Neves.

As Neves acollerá esta sexta feira, 14 de abril, a XXVI edición da Feira do Requeixo e o Mel, declarada festa de interese turístico de Galiza e que ano tras ano reúne miles de persoas nesta vila do sur galego para gozar dese manxar. Xa nos días previos, tiveron lugar diversas actividades e propostas enmarcadas nesta feira.

Así, esta quinta feira terá lugar unha andaina e un concerto. A andaina será pola parroquia de Cerdeira, onde dende a asociación Sanomedio e os veciños irán desvelando os orixes do Requeixo e do Mel. Para elo faranse pequenas paradas onde se ensinarán os cortizos que se usan para a mel e curiosidades da parroquia como a existencia dun cruceiro e peto de ánimas onde se colgan espigas.

As produtoras familiares do requeixo tamén lles irán contando aos asistentes como elaboran o afamado requeixo e como era a vida nesta parroquia. Xa que no ano 1991 baixaron as mulleres de Cerdeira e Batalláns a vender o requeixo e ás 11.30 horas xa non quedaba nada, ese foi o primeiro grande éxito. Este é o orixe desta festa.

A andaina ten una dificultade sinxela o que fai apta tanto para cativos como para adultos tendo unha duración aproximada de 3 horas. Ao rematar a andaina no Auditorio terá lugar o concerto de Malvela (21:00 horas).

Feira

A sexta é a quen da da Feira onde se poderá degustar este produto. Os organizadors prevén servir 20.000 racións deste manxar. O pregón correrá por conta de Pepe Solla, chef da Casa Solla, que ten unha estrela michelín. Ao longo da xornada haberá actuacións musicais e diferentes actividades.