As artes plásticas adónanse de Carballo esta finde no Rexenera Fest 2017
- Sexta feira
Concerto por Sesé
Redondela
Explanada do Pavillón de Chapela
21.00h
Para apoiar a familia e reconstruír a casa da muller asasinada en Redondela pola violencia machista, coas actuacións de Sés, Dakidarría, Siniestro Total e máis grupos.
FLOP: (Trans)formando o mundo
Pontevedra
IES Montecelo
Todo o día
O ciclo de actividades con temática LGTB incorpórase aos centros de ensino secundario e universitario a partir da obra narrativa xuvenil 22 segundos, a primeira en galego que toca a transexualidade nas crianzas. Eva Mejuto, a autora, xunto ao mozo trans, membro da asociación Arelas, Éric Dopazo, farán un percorrido literario musical por distintos fragmentos da obra.
- Sábado
III Ciclo Petiscos Musicais
Allariz
Fundación Vicente Risco
21.00h
Unha actuación do Dúo Bolboreta, coa soprano Alba Romero e Cristina Vázquez ao piano interpretando letras de Rosalía, Cunqueiro, ou Emilio Ferreiro, entre outros.
- Domingo
I Trail de montaña
San Sadurniño
04.06.2017
09.00h
A proba de resistencia ofrecerá tres circuítos con distintas distancias e posibilidades, e percorrerá algún dos espazos naturais máis espectaculares do territorio.
Meendinho, grupo de música antiga
Pantón
Igrexa do Mosterio das Bernardas de Ferreira
19.00h
Concerto de música antiga, a cargo do grupo Meendinho, que ofrece un repertorio basado na lírica medieval galega, As cantigas medievais do mar.
- Toda a finde
Rexenera Fest
Carballo
Praza do Concello
O festival internacional de arte urbana xunta un total de nove artistas, nacionais como a galega Nada, Igmig, Isaac Cordal ou Sekone, e internacionais como Curiot (México) e Jorit (Italia) que darán nova vida ás paredes e fachadas de diversos edificios e espazos públicos da vila. Música, master classes, obradoiros e conferencias completan o programa.
Exposición colectiva
Carballo
Pazo da Cultura
Até o 11 de xuño
A mostra, "Nordesía. Unha viaxe plástica da Mariña a Bergantiños", inclúe 19 obras de índole interdisciplinar creadas por 13 autores/as da comarca luguesa.
Os segredos das obras de arte
A Coruña
Museo de Belas Artes
Até o 17 de xuño
O Museo propón percorridos guiados pola colección para resaltar a función que fan os obxectos nas obras de arte, símbolos, imaxes e códigos nos que se inspiraron as artistas.
MiiC
Santiago de Compostela
Auditorio de Galiza
Até o 25 de xuño
A mostra internacional de ilustración contemporánea de Galiza (MiiC) é unha exposición colectiva que xunta máis dun cento de pezas representativas neste ámbito.