Até sempre, Mr. Cocker

Cocker

Este luns 22, o cancro de pulmón foi quen de apagar para sempre a voz do Joe Cocker aos 70 anos de idade.  

Con só 25 anos, participou no mítico festival de Woodstock, no que a súa versión do tema  dos Beatles “With a little help from my friends”, gravada xunto a Jimmy Page en 1968,  ficaría como unha das imaxes inesquecíbeis do festival obtendo as loas do propio Paul McCartney.  Sería este o seu primeiro éxito  dunha longa carreira na que deixaría 22  discos de estudo, 9 discos en  directo, 14 compilacións, 68 singles  e concertos por todo o mundo.

"A voz de Cocker, unha voz negra nun corpo branco, transmitía forza, raiba, luxuria, pracer carnal..."

A voz de Cocker, unha voz negra nun corpo branco, transmitía forza, raiba, luxuria, pracer carnal... Unha voz que transmitía tantos excesos como aos que el estaba acostumada na súa vida e que de non ser pola axuda do seu manager, houberan acabado con el moito antes. Mais tamén é certo, que foi esa época, a mellor época musical de Cocker, e como proba diso está os eu disco en directo “Mad dogs & englismen” editado en 1970, no que podemos sentir a mais pura esencia do soulman de Sheffield.  A súa música e a súa vida naquela época eran de extremos. Alcol, drogas, vida e imaxe descoidada e uns movementos espasmódicos no escenario eran o seu sinal de identidade nos que destacan éxitos como “The Letter”, “Woman to Woman” “You're so beautiful” ou “A Whiter shade of pale”.

Na década dos 80 acougou parte do seu xeito de vida e soubo adecuarse aos tempos para seguir colectando éxitos. Un dos máis recoñecidos é sen dúbida “You can leave your hat  on”, a música coa que Kim Basinger facía  strip tease en  “9 semanas e media”, sen esquecer “Up were we belong”, o dueto con Jennifer Warnes para a película “Oficial e Cabaleiro”,   ou o espectacular “Unchain my heart” de 1987. 

Apagouse unha das voces máis grandes do soul e o blues, a  que foi  banda sonora de moitos intres das nosas vidas, máis a súa música seguira ficando e a súa voz ronca seguirá dicindo que podes deixar o sombreiro posto.

Video de With a Little help From My Friends: 

 

Web Oficial: www.cocker.com


Foto de Jeri Heiden tirada da sección de fotos oficiais de prensa da web www.cocker.com