Avelino González, novo presidente de Actores e Actrices de Galicia

Avelino González

O actor Avelino González é o novo presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia despois de que o pasado domingo fose elixido en Asemblea Extraordinaria celebrada en Ames. 

Canda Avelino González, a nova Xunta directiva está integrada por Vitoria Pérez (Vicepresidencia), Guillermo Carbajo (Secretaría), Álex Carro, Iria Pinheiro, Vicente De Souza, Marián Bañobre, Ricardo De Barreiro e Déborah Vukusic.  A renovación do órgano de dirección da asociación neste asemblea foi maioritaria, en resposta, segundo sinala á necesidade de “asumir os oitos retos que lle agardan á AAAG nestes difíciles tempos para o gremio actoral”. 

Tres son os retos que a nova directiva se marca a curto prazo. En primeiro lugar, a organización da nova edición dos Premios de Teatro María Casares que chegarán á súa XVIII edición, a captación de novas persoas asociadas e continuar coas actividades de defensa e promoción da profesión. 

Avelino González é un recoñecido actor e monologuista, popular en especial pola súa aparición en series televisivas como Padre casares, A vida por Diante, Terras de Miranda, Rías Baixas ou As leis de Celavella da TVG e outras de cadeas españolas como Cuéntame ou Hospital Central. En teatro, Avelino González ten representado todos os papeis, desde a dirección á tradución -o que lle ten valido diferentes recoñecementos, entre eles, varios María Casares- e á interpretación. 

O novo presidente substitúe a Toño Casais que chegara á dirección da AAAG en decembro de 2012 para ocupar o cargo no que até entón estaba o actor Antonio Durán, "Morris", que daquela quedou nunha directiva que agora, finalmente, abandona.