QUE FACER?

Axenda da finde, de Foucellas a Mamá Cabra

Un momento de Foucellas.

A música e o teatro continúan a reinar nas fins de semana da Galiza. Citas en Compostela, Vilalba, A Coruña, Ourense, Marín, Melide…

Sexta feira

Compostela. 20.30 horas. Salón Teatro. Talía Teatro pon en cena Foucellas, un espectáculo sobre un dos últimos guerrilleiros galegos. Haberá tamén representacións sábado (20.30 horas) e domingo (18 h).

Compostela. 20.30 horas. Sala Capitol. Nao, Poetarras e Monoulious DOP oferecen un concerto conxunto, con Nao como cabeza de cartaz.

Sábado

Vilalba. 20 horas. Auditorio Municipal. Concerto de Uxía. Homenaxe a Manuel María, coas letras do seu traballo Andando a Terra.

A Coruña. 21 horas. Agorasons. Concerto de Guadi Galego. XIra polo país de apresentación de Lúas de outubro e de agosto.

Domingo

Ourense. 12 horas. Auditorio Municipal. Dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, Engruna Teatro apresenta a obra infantil Código Postal 00.

Melide. 18.30 horas. Casa da Cultura. Concerto de Mamá Cabra. A formación fai 15 anos e continúa a espallar a súa música e a súa animación entre as rapazas e os rapaces do país.