Axenda fin de semana
Concerto singular de Píscore
Carballo
Praza do Concello
17.08.2018
22.00
Píscore presenta a súa musicomedia para todos os públicos, unha mestura do virtuosismo musical coa comedia xestual, o clown e a participación do público.
XV Revenidas
Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa)
17-19.08.2018
O Festival das Linguas festexa o seu XV aniversario con máis de corenta bandas de música entre os días 17, 18 e 19 de agosto en Vilaxoán. Ademais, contarán con actividades paralelas como concertos a bordo, degustacións gastronómicas, unha Gran Gala de Circo Solidaria, o Recuncho DUB, a Feira Revenida ou a xa habitual sardiñada popular.
XXXIX Festival Irmandiño
Moeche
Castelo de Moeche
17-19.08.2018
Contarán coas actuacións musicais dos Viqueiras, Tanxugueiras, Kepa Junkera e Sorginak, El Diluvi, Ruxe Ruxe e Quenindiole.
XVI Noite Folk
Negreira
Refuxio de Pescadores de Covas
18.08.2018
22.00
Esta nova edición xunta nunha mesma noite tres imprescindíbeis do folk galego actual, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Caxade e Malvela.
XVIII Festa Folk na Fin do Camiño
Fisterra
A Anchoa, Duio
18.08.2018
13.30
Ademais das actuacións musicais de Birimbao, Os da Porfía e, como prato forte, Sés, tamén haberá actividades para as crianzas, foliadas e xogos.
XXVIII Meleira, Feira do mel
Pontevedra
Rúa Serra
Até 19.08.2018
De 10-14.00 e de 18-22.00
Ademais dos produtos de apicultores locais como mel, polen, xelea real, própoles e outros, tamén se organizan diferentes talleres, parladoiros e pezas de teatro para todos os públicos.